lunes

Remate de curso!



Clara - Gerona,Gerona: Mestra s'ofereix per suport escolar a nens ...

Ola a todos e todas!!! Como peche de curso, dende Audición e Linguaxe quero propoñervos unha actividade xeneralizada para todos. 
Gustaríame que todo alumnado de Audición e Linguaxe fixera unha pequena redacción sobre o que supuso para vós este curso 2019/2020 tal extraordinario i excepcional. 
É o primeiro ano que traballades conmigo, polo cal foi un ano no que nos tivemos que coñecer mutuamente, e do mesmo xeito que eu intentei adaptarme a vós, buscándovos as mellores opcións de traballo que considerei oportunas en cada momento; vós tamén tivestes que adaptarvos a min e a miña maneira de levar a cabo o traballo, e como non.... aos meus enfados tamén! 

Por todo isto, gustaríame que fixerades a redacción en relación o curso pero reflexionando como alumno de Audición e Linguaxe, inclusive aportando novas ideas para o inicio do vindeiro curso. 

Como non volo podo dicir en persoa, dende aquí, quérovos manifestar o orgullosa e o contenta que estou de todos vós, da maneira que afrontaste esta situación, que era difícil de explicar e máis de levar a cabo. Que todos e todas, a vosa maneira, co apoio da vosa familia fostes solventando as dificultades que vos atopastes polo camiño, apartando cada pedra que se cruzaba no voso camiño por moi pequeniña ou moi grande que fose. 
Non me podo esquecer das familias, que estivestes ao cañón nunha situación que nunca imaxinamos que íamos a vivir. 
E por último, non quero rematar o último post deste curso sen darlle ánimo e valentía ao alumnado que cambia de etapa. Que é un cambio, e como todo nesta vida, hai que tomalo con respecto pero con ilusión e sobretodo con moitas ganas. É un novo reto, un camiño cheo de novas ilusións e espero, de todo corazón, que consigades todo aquilo que vos propoñades. 
Unha aperta vitual para todo o alumnado de Audición e Linguaxe. 
A profe Cris. 
PD: Coma sempre, esperarei as vosas redaccións con ansia no noso correo electrónico. 
PD1: O traballo de Audición e Linguaxe, seguirá colgado, por si durante o verán alguén de xeito opcional quere realizar algunha tarefa

martes

Articulamos o RR!


Esta semana para traballar a RR e repasala, deixovos un enlace super chulo!  Vaivos servir de moita axuda... e Lembrade todas as pauta que traballamos na clase diante do espello...

Atréveste??


Atréveste???
En canto tempo descubrimos se estas palabras riman?
30 segundos?
20 segundos?
( Para os máis maiores, pensade que falamos de rimas directas, a consonántica)

O meu lugar preferido

Boy Escribir Y Dibujar. De Dibujos Animados Y Carácter Vectorial ...
Levamos unhas semanas describindo. Primeiro foi unha persoa, despois un obxecto.... Pois agora toca unha paisaxe, un lugar.... 
Prestade atención a como describides, sede minuciosos... Pensade que a semana pasada describistes un obxecto, ben sexa unha mochila, un peluche, un xoguete.... eu podo imaxinar  como é... Pero nesta situación, é moi probable que eu non coñeza ese lugar... Asi que deberedes espertarme as ganas de ir visitalo!!!
Ao igual que as semanas pasadas, deixovos unha axudiña!!!
Lembrade:
- Boa presentación: Ollo coas marxes, coa letra e con eses tachóns!
- Coidado coas faltas de ortografía.. que despois dóenme os ollos. 
- Coma sempre: idea.idea.idea. Utilizando os nexos que xa traballamos na clase durante o curso. 
- Escribimos en galego ou en castelán. Nunca mezclando os dous idiomas. 

Reto da lectura tola!



Para traballar a lectura esta semana, elaborei un reto. 
Como poderedes observar, aquí abaixo tedes unha cuadrícula con diferentes palabras... Pois teredes que lela de catro formas diferentes: 
1º: Ler as palabras de dereita a esquera
2º: ler as palabras de esquerda a dereita
3º ler as palabras de arriba a abaixo
4º: ler as palabras de abaixo a arriba.

Imos a cronometralo, para saber como é máis doado e máis rápido... 
Sorprendédesme?
Como sempre espérovos en alportomouro@gmail.com

Entreamos a atención

Mafalda, la pequeña filósofa (2ª parte) - Revista Esfinge

Bo inicio de semana... Comezamos o mes de xuño! O que indica que só nos queda un último empuxón!
Déixovos unha tarefa rápida na que imos entrear a atención
Cantos macacos atopamos en 30 segundos? 

Atención

Mafalda, la pequeña filósofa (2ª parte) - Revista Esfinge

Hoxe para entrenar a atención, imos a facer unha actividade que nos vai axudar a traballar ao mesmo tempo, algún erro que cometemos cando lemos. 
Aquí tedes dúas fichas, en cada unha teredes de buscar e rodear as palabras que leven a letra indicada.... Seredes capaces de facer cada ficha en menos de 50 segundos? 
Se alguén ten dificultades para realizala, pode volver a facela pasada uns días... Seguro que mellora os tempos