Levamos unhas semanas describindo. Primeiro foi unha persoa, despois un obxecto.... Pois agora toca unha paisaxe, un lugar....
Prestade atención a como describides, sede minuciosos... Pensade que a semana pasada describistes un obxecto, ben sexa unha mochila, un peluche, un xoguete.... eu podo imaxinar como é... Pero nesta situación, é moi probable que eu non coñeza ese lugar... Asi que deberedes espertarme as ganas de ir visitalo!!!
Ao igual que as semanas pasadas, deixovos unha axudiña!!!
Lembrade:
- Boa presentación: Ollo coas marxes, coa letra e con eses tachóns!
- Coidado coas faltas de ortografía.. que despois dóenme os ollos.
- Coma sempre: idea.idea.idea. Utilizando os nexos que xa traballamos na clase durante o curso.
- Escribimos en galego ou en castelán. Nunca mezclando os dous idiomas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario