lunes

Articular o RR



Deixovos un enlace de youtube para que sigades entreando a articulación do FONEMA RR. 
De todas formas, continúade traballando as actividades dos días anteriores.... Xa sabedes que é cuestión de esforzo e práctica!!!

Seguro que pronto me informaredes dos grandes progresos!!!

Un saúdo. 

https://youtu.be/t3cmqQV1Jt8




Lectura Compresiva

Libro de dibujo, lectura, fotografía, leyendo, pájaro png | PNGWing









Desta volta deixovos unha lectura para traballar os nenos e nenas de 4º, e 5º de Educación Primaria.

Solucionarei as vosas dúbidas no correo electrónico da aula, alportomouro@gmail.com
Un saúdo.

Empatizamos?

Memoria | Hoy Quiero Hablar de
Esta actividade está pensado para o alumnado dos cursos: 3º 4º 5º 6º  de Educación Primaria.
A actividade que aquí vos propoño é moi interesante e é necesario que fagades uso da vosa empatía! É importante aprender e saber a poñerse no lugar do outro. Na clase, cando conversamos... eu dígovos moitos veces... se vós forades profes e eu fixera....... Que pasaría? 
Pois... por iso quero que observedes as seguintes fotos e contestedes as preguntas.... Ides precisar de empatía, imaxinación e interpretación! 
Lembrade: " mirade cos ollos do outro, escoitade cos oídos do outro e sentide co corazón do outro"
ILUSTRACIÓN 1 
    Que relación teñen as persoas da foto? Como o sabes?
Que pasou entre elas? Como o sabes?
Como cres que se sinte a nena? Por que cres que se sinte así?
Que cres que vai pasar a continuación?

ILUSTRACIÓN 2 
Onde se fixo esta foto? Como o sabes? 
En que época do ano fixeran o foto? Por que o sabes?
Como se sinte a moza? Por que cres que se sinte así?
Que cres que vai facer despois deste momento?

Agardo as vosas respostas no noso correo electrónico!!
Espérovos... 
Un aperta vitual da profe Cris.

Entreamos a atención

Mafalda, la pequeña filósofa (2ª parte) - Revista Esfinge
Propóñovos un xogo..... Cantos minutos ou segundos tardades en atopar a palabra en cada renglón????
Cronometrade... e xa me contaredes!!!  Despois, xa vos direi que gañou o ranking!!! 

Espero os vosos resultados co tempo anotado en alportomouro@gmail.com

Construímos oracións!

Vectores, imágenes y arte vectorial de stock sobre Dibujo+de+niño+ ...

Ordeamos estas palabras para formar unha oracións? Observaredes que a dificultade das oracións vai en aumento, pero estou segura que todos e todas o faredes xenial. 
Lembrade as extratexias que levamos a cabo na aula:
- Primeiro: Observamos.
- Segundo: Buscamos as pistas: maiúsculas, puntos... 
- Terceiro: Unha vez feita a oracións, revisamos se ten sentidiño!

Ánimo e adiante!
A profe Cristina

Averiguamos a sílaba intrusa!!

El Gusto de Investigar pretende animar a estudiantes y profesores ...
Deixovos unha ficha adxunta onde temos que ordenar as sílabas para descubrir de que palabra se trata... pero OLLO Ó PIOLLO... porque se colaron algunhas sílabas intrusas. 
Xa sabedes, que vos agardo no noso correo... alportomouro@gmail.com

Unha aperta da profe Cris. 


jueves

Vamos a ler e comprender


Libro de dibujo, lectura, fotografía, leyendo, pájaro png | PNGWing

Aquí vos deixo unhas lecturas cas súas preguntas correspondentes! Xa vedes que hai unha lectura para o alumnado de 1º e 2º, outra lectura para os de 3º e 4º e outra para 5º e 6º.
Como vos digo sempre... espérovos no correo electrónico da nosa aula, alportomouro@gmail.com
Un saúdo da profe Cris


  • Lectura 1º e 2º de Educación primaria

Discriminación Figura Fondo


Como ordenar tus útiles escolares | Confemadera.es

Vamos a colorear!! No documento anexado, temos unha ficha con debuxos ocultos. Haber se os descubrirmos!!

Lectura Tola


Hoxe, vouvos colgar unha actividade moi chula!!! Co que nos imos a rir un montón. Se queredes grabarvos cando a fagades e mandarme o vídeo xa coñecedes a conta da aula de Audición e Linguaxe, alportomouro@gmail.com
A actividade consiste no seguinte:
- Escollemos unha vogal: A, E, I, O,U. 
- Lemos o texto cambiando todas as vogais que hai pola que ti escolliches.
-Atreveste????

O texto co que vamos a traballar é o seguinte: 

Resistirei, ergueito fronte a todo
volvereime de ferro para fortalecer a pel
e aínda que os ventos da vida sopren forte
son como o xunco que se dobra pero sempre segue en pé
Resistirei, para seguir vivindo
soportarei os golpes e xamais me renderei
e aínda que os soños rómpanseme en pedazos
Resistirei, resistirei..

Supoño que xa vos decatastes, que é  un anaco dunha canción moi coñecida, que se convirteu nun himno durante o confinamento. Polo cal, se alguén a maiores de lela coa VOGAL elixida quere mandar un vídeo cantándoa.... ADIANTE!!!

Articulación do fonema RR

Ola! Deixovos un vídeo para practicar diante do espello o RR. 
Recordade as pautas que traballamos na aula:
- Levantamos a lingua e tocamos as "arruguiñas" que están detrás dos dentes
-Sopramos con forza e pensamos na corrente eléctrica!!!!!!!!!
Non vos esquezaces, que a gorxa temos que deixala descansar.... Ela coa RR non ten que traballar!!!


Praxias Bucofonatorias



As praxias bucofonatorias son actividades e  exercicios que traballan a movilidade maila tonicidade dos órganos que están involucrados na fala: lingua, beizos, meixelas, mandíbula... 



 Coma sempre, esperovos no correo electrónico da aula, alportomouro@gmail.com

Un saúdo e unha aperta grande. A profe Cris. 

viernes

ACTIVIDADES DE SOPRO

El sonido de la hierba al crecer: Ejercicios de soplos
Ola... Deixovos diferentes actividades para traballar a dirección e a forza do sopro. Unha habilidade básica e imprescindible na fala, en especial no caso do alumnado con dificultades articulatorias, como pode ser o /RR/.


  • COLLEMOS UNHA PALLIÑA: traspasamos auga dun vaso para outro, facer burbullas fortes e suaves dentro do vaso, soprando pola palliña mover obxectos como un gusanito, ou flocos de millo e inclusive anacos de papeis...
  • CUN MATASOGRAS: Estirar a lingua de todo ou ata a metade
  • CUN SILVATO: Facer series de pitidos...
  • CUNHA CANDEA: Apagala a diferentes distancias, soprar pero sen apagala...
  • GLOBOS: enchelos en bocaradas grandes, ou en pequenas.... 

Hai milleiros de actividades que seguro que se vos ocorren.... recordade que para soprar é necesario: coller o aire polo nariz para así encher a nosa barrigola!!! 
Espero os vosos correos con fotos ou cos vosos comentarios.... a ver que argallades!!!! De todas formas, deixovos un enlace que vos pode servir de axuda.

Como sempre, un saúdo da profe Cris. 

jueves

Tod@s podemos ser mestres e mestras.

Feliz día a todos nuestros docentes de la Universidad ...
Deixovos unha tarefa un tanto curiosa que estou convencida que vos vai gustar!
Ides a ser por uns minutiños PROFES!! Neste documento que vos adxunto (está en castelán) deberedes correxir todos os erros que atopedes!! Son varioes textos curtos, non tedes porque facelos todos nun día senon que podedes facelo ao longo da semana!!!
A ver como me abraiades... que non o dubido!!
Un biquiño da profe Cris

lunes

Benvid@s a todos e todas!!!


Ante todo, darvos a todos un saúdo e unha aperta virtual!
Estamos a vivir unha situación complexa, pero como vos digo sempre na aula de AL, o pensamento debe ser positivo e entre todos e todas vamos a saltar os obstáculos, porque a unión fai a forza!!!
Quero informarvos que a maiores dos materiais que enviei algúns de xeito individualizado, dende aquí, vou a propoñer diferentes actividades relacionadas coa experesión oral, expresión escrita, comprensión oral e lectora, entreamento lector, atención, velocidade de procesamento e actividades relacionadas coa fonoloxía, morfosintaxe, semántica e pragmantica, ao longo de toda esta estadía.
Para  resolver dúbidas, correxir actividades, etc...  fixen un mail da aula... para que sexa todo moito máis sinxelo... Polo cal, recordade alportomouro@gmail.com (aí estareivos esperando)

Recordade, levantarvos e deitarvos cun sorriso de orella a orella, porque a alegría nas nosa vidas é a crave da felicidade.
Un saúdo da Profe Cris!