Tod@s sabedes que o 17 de maio celébrase o día das letras galegas, neste caso, adicado a Ricardo Carvalho Calero.
Por mor da situación excepcional que estamos a vivir polo COVID19, aprazouse esta festividade ao mes de outubro.
De todas formas, non quería que pasara a semana do 17 de maio e non traballar algo relacionado coa nosa lingua, co galego.
Por iso propóñovos que me enviedes as definicións de estas palabras tan galegas e tan nosas; do noso día a día... Algúnha coñecerédela, outras teredes que investigar coa familia... Xa sei que sodes moi bos detectives... polo cal non dubido que o conseguiredes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario