viernes

ACTIVIDADES DE SOPRO

El sonido de la hierba al crecer: Ejercicios de soplos
Ola... Deixovos diferentes actividades para traballar a dirección e a forza do sopro. Unha habilidade básica e imprescindible na fala, en especial no caso do alumnado con dificultades articulatorias, como pode ser o /RR/.


  • COLLEMOS UNHA PALLIÑA: traspasamos auga dun vaso para outro, facer burbullas fortes e suaves dentro do vaso, soprando pola palliña mover obxectos como un gusanito, ou flocos de millo e inclusive anacos de papeis...
  • CUN MATASOGRAS: Estirar a lingua de todo ou ata a metade
  • CUN SILVATO: Facer series de pitidos...
  • CUNHA CANDEA: Apagala a diferentes distancias, soprar pero sen apagala...
  • GLOBOS: enchelos en bocaradas grandes, ou en pequenas.... 

Hai milleiros de actividades que seguro que se vos ocorren.... recordade que para soprar é necesario: coller o aire polo nariz para así encher a nosa barrigola!!! 
Espero os vosos correos con fotos ou cos vosos comentarios.... a ver que argallades!!!! De todas formas, deixovos un enlace que vos pode servir de axuda.

Como sempre, un saúdo da profe Cris. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario