jueves

Lectura Tola


Hoxe, vouvos colgar unha actividade moi chula!!! Co que nos imos a rir un montón. Se queredes grabarvos cando a fagades e mandarme o vídeo xa coñecedes a conta da aula de Audición e Linguaxe, alportomouro@gmail.com
A actividade consiste no seguinte:
- Escollemos unha vogal: A, E, I, O,U. 
- Lemos o texto cambiando todas as vogais que hai pola que ti escolliches.
-Atreveste????

O texto co que vamos a traballar é o seguinte: 

Resistirei, ergueito fronte a todo
volvereime de ferro para fortalecer a pel
e aínda que os ventos da vida sopren forte
son como o xunco que se dobra pero sempre segue en pé
Resistirei, para seguir vivindo
soportarei os golpes e xamais me renderei
e aínda que os soños rómpanseme en pedazos
Resistirei, resistirei..

Supoño que xa vos decatastes, que é  un anaco dunha canción moi coñecida, que se convirteu nun himno durante o confinamento. Polo cal, se alguén a maiores de lela coa VOGAL elixida quere mandar un vídeo cantándoa.... ADIANTE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario